Método diagonal

O método diagonal (MD) é unha regra de composición visual. O fotógrafo e profesor holandés Edwin Westhoff atopou o método realizando experimentos para analizar por que a regra dos terzos é tan imprecisa. Logo de estudar numerosas fotos, cadros e debuxos descubriu que os puntos de interese adoitan estar nas diagonais dun cadrado. Polo xeral, unha foto é un rectángulo de proporcións 4:3 ou 3:2, na que por tanto hai que mirar as catro bisectrices dos dous cadrados laterais. A imaxe queda mellor se determinados elementos se sitúan sobre esas liñas.[1]
Teoría
[editar | editar a fonte]
Segundo o MD, os puntos de atención adóitanse atopar, con exactitude milimétrica, nunha ou máis diagonais de 45 graos dun dos catro ángulos da imaxe. A diferenza doutras regras de composición como a regra dos terzos ou o número áureo, o MD non dá valor algún aos lugares onde as liñas se cruzan e permite que un punto de interese se atope nunha posición arbitraria da diagonal. Sempre que os detalles estean nesas liñas, atraerán a atención.[2] Con todo, o MD si que esixe que os puntos de interese se sitúen con grande exactitude na diagonal, cunha desviación máxima dun mm no formato A4.
Fundamento
[editar | editar a fonte]É ben coñecido que as diagonais, do mesmo xeito que as isócronas cero, o centro de gravidade e os ángulos, forman parte das liñas de forza dun cadrado, e considéranse que teñen moita máis forza que outras partes do cadrado.[3] Até hoxe non se investigou en que medida estes descubrimentos se poden trasladar aos rectángulos, como as fotos cunha proporción de 4:3 e 3:2. Á parte do fundamento práctico do MD a través de diversas análises, aínda non se coñecen investigacións científicas que poidan confirmar teoricamente o MD.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Método diagonal ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnheim, R. (1974). Art and visual perception: A psychology of the creative eye (en inglés) (2ª ed.). Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 978-0520026131.
- Hartel, M. (2008). Urban expression. Digital Photographer, 74 (setembro), pp. 30–42.
- Westhoff, E. (2009). De diagonaal-methode. Zoom.nl Digitale Fotografie & Video. (10), pp.82-87.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Composición
- Diagonal
- Regra dos terzos
- Lead room
- Rebatemento do rectángulo
- Número áureo
- Triángulo dourado
- Rombo áureo
- Espiral áurea