Reginald Bibby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Reginald Bibby
Reg Bibby 34.jpg
Nacementoabril de 1943
 Edmonton
NacionalidadeCanadá
Alma máterUniversidade do Estado de Washington, Universidade de Alberta, Southern Baptist Theological Seminary e Universidade de Calgary
Ocupaciónsociólogo
PremiosOficial da Ordem do Canadá
editar datos en Wikidata ]

Reginald Wayne Bibby, nado en Edmonton en 1943, é un sociólogo canadense, especializado na evolución das tendencias relixiosas no Canadá e o máis importante sociólogo da relixión do país [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Alberta e Calgary e foi profesor na Universidade Estatal de Washington, e desde 1975 no departamento de socioloxía na Universidade de Lethbridge. Bibby tamén completou un bacharelato en teoloxía no seminario baptista de Louisville.

Investigador das crenzas persoais dos canadenses e o seu impacto social, por medio do Project Canada Surveys que dirixe e que difunde e analiza por medio de libros, de artigos aparecidos en Globe and Mail, Calgary Herald, Edmonton Journal, Ottawa Citizen e de crónicas radiofónicas en Canada AM.

As súas investigacións déronlle un novo índice de análise psicolóxica que el denomina índice de relixiosidade e que lle permiten demostrar que Quebec a provincia máis crente (91%) pero coa menor asistencia a cerimonias relixiosas (24 %).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Project Canada: A Study of Deviance, Diversity and Devotion in Canada, 1976
  • Religionless Christianity: Profile of Religion in Canada
  • The Emerging Generation: An Inside Look at Canada’s Teenagers, 1985
  • Fragmented Gods: The Poverty and Potential of Religion in Canada, 1987 .
  • Teen Trends, 1992
  • The Bibby Report: Social Trends Canadian Style, 1995
  • Canada's Teens: Today, Yesterday and Tomorrow, 2001
  • Restless Gods: The Renaissance of Religion in Canada, 2002
  • The Future Families Project: A Survey of Canadian Hopes and Dreams, 2004
  • The boomer factor: What Canada's most famous generation is leaving behind", 2006 (ISBN 978-0-9780554-4-8)
  • The Bibby Report on Catholicism in Quebec, 2007*The emerging millennials: How Canada's newest generation is responding to change & choice", 2009 (ISBN 978-0-9810614-0-5)
  • Beyond the Gods & Back: Religion's Demise and Rise and Why It Matters, 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David M. Haskel Through a Lens Darkly: How the News Media Perceive and Portray Evangelicals:Clements Publishing Group (2008), p. 49

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]