Refuxio Elena
Coordenadas: 45°53′03″N 7°03′56″L / 45.88417, -7.06556 O refuxio Elena (italiano: Rifugio Elena; francés: Refuge Hélène) é un refuxio de montaña dos Alpes Graios, situado na comuna de Courmayeur (Val de Aosta, Italia), no Val Ferret. Está a unha altitude de 2.062 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi construído pouco despois da primeira guerra mundial, mais unha avalancha destruíuno en 1965. Foi reconstruído en 1995.
Datos e características
[editar | editar a fonte]Atópase no Val Ferret, na localidade de Arnouvaz xusto debaixo da Col Ferret (2.643 m). É doado chegar a el por un amplo camiño. Ten unha excelente gastronomía e é un lugar de descanso para as excursións ao Bivacchi Fiorio e ao Colli Petit Ferret e Grand Ferret.
Leva o nome da raíña Elena de Montenegro, esposa do rei de Italia Vittorio Emanuele III.
Acceso
[editar | editar a fonte]O acceso faise a partir do Val Ferret. Unha vez na localidade de Arnouvaz (1.769 m) seguir o camiño e despois dunha hora chégase ao refuxio.
Ascensións
[editar | editar a fonte]- Tête de Ferret (2.714 m)
- Mont Dolent (3.819 m)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do refuxio (en italiano) (en francés) (en inglés)