Saltar ao contido

Referendo de independencia de Eslovenia de 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo de independencia de Eslovenia de 1990
República Federal Socialista de Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
Data23 de decembro de 1990 Editar o valor em Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado1.457.020 Editar o valor em Wikidata
1.359.581
   93.31٪
Número de votos válidos1.347.169    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 12.412
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
Si
1.289.369   95.71٪
Gañador/a
Non
57.800   4.29٪

O referendo de independencia de Eslovenia de 1990 celebrouse na República Socialista de Eslovenia (daquela parte da República Federal Socialista de Iugoslavia) o 23 de decembro de 1990.[1] Tanto a coalición gobernante de centro-dereita como a oposición de esquerda apoiaron a realización do referendo e fixeron un chamamento aos votantes a apoiar a independencia de Eslovenia.

Aos votantes fíxoselles a pregunta: "Debería a República de Eslovenia converterse nun estado soberano e independente?" (en esloveno: Ali naj Republika Slovenija postane samostojna in neodvisna država?).[2] O Parlamento de Eslovenia estabeleceu un limiar para a validez do plebiscito no 50% e mais un de todos os votantes inscritos.[3][4][5]

Había 1.499.294 persoas inscritas no censo con dereito a voto. Porén, 42.274 persoas non puideron votar porque estaban traballando no estranxeiro ou participando no servizo militar ou exercicios militares, o que reduciu o electorado a 1.457.020.[6]

Resultados[editar | editar a fonte]

O 26 de decembro os resultados do referendo foron proclamados oficialmente por France Bučar na Asemblea Nacional. O 88% dos inscritos (95% dos participantes) votaron a prol da independencia, superando polo tanto o limiar. O 4% votou en contra da independencia, mentres que o 1% emitiu papeletas non válidas e o 0,1% devolveu as súas papeletas sen usar.[6] O 7% do potencial electorado non participou nas eleccións.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O anuncio de Bučar obrigou ás autoridades eslovenas a declarar a independencia do país nun prazo de seis meses. O 25 de xuño de 1991 aprobouse a Carta Constitucional Básica sobre a Independencia e Soberanía da República de Eslovenia e a independencia foi declarada o día seguinte, o que levou á guerra dos Dez Días.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Z drevišnjo proslavo v Cankarjevem domu bomo obeležili obletnico plebiscita" [With the celebration in the Cankar Hall this evening we will commemorate the anniversary of the plebiscite] (en esloveno). Slovenian Press Agency. 23 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  2. Felicijan Bratož, Suzana (2007). Prevzem arhivskega gradiva plebiscitnega referenduma o samostojnosti Republike Slovenije [Acquisition of Plebiscite on the Sovereignty and Independence of the Republic of Slovenia Archives] (PDF). 6. zbornik referatov dopolnilnega izobraževanja s področja arhivistike, dokumentalistike in informatike v Radencih od 28. do 30. marca 2007 (en esloveno e inglés). Regional Archives Maribor. pp. 453–458. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-11-13. 
  3. "Zakon o plebiscitu o samostojnosti in neodvisnosti Republike Slovenije" [Plebiscite on the Sovereignty and Independence of the Republic of Slovenia Act] (PDF). Uradni List (en esloveno). XLVII (44): 2033–2034. 6 de decembro de 1990. ISSN 0350-4964. 
  4. "Intervju: Rosvita Pesek" [Interview: Rosvita Pesek]. Reporter (en esloveno). 26 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2012. 
  5. "Plebiscit o samostojnosti – čas največje politične enotnosti" [Independence Referendum – the Time of the Largest Political Unity] (en esloveno). Delo.si. 23 de novembro de 2011. ISSN 1854-6544. 
  6. 6,0 6,1 "Volitve" [Elections]. Statistični letopis 2011 [Statistical Yearbook 2011] 15. Statistical Office of the Republic of Slovenia. 2011. p. 108. ISSN 1318-5403.