Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres
Tiporede de bibliotecas
Data de fundación1995
PaísEspaña
Na rede
http://redcdbibmujeres.blogspot.com/
Facebook: RedBibliotecasMujeres Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
I Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Muller (Pamplona, 1994).

A Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, creada en 1995, está formada por unidades de información especializadas, situadas no estado español. Os centros que a forman contan con fondos documentais especializados en estudos de xénero, feminismo e mulleres en xeral. A finalidade da Rede é potenciar a cooperación bibliotecaria e a coordinación para a solución de problemas comúns, así como a elaboración de ferramentas de traballo que faciliten o labor dos centros.[1]

A Rede, única existente destas características no Estado, abarca case todas as Comunidades Autónomas. As bibliotecas e centros de documentación integrantes pertencen a distintas entidades e teñen en común que todas son de uso público, que os seus fondos están catalogados e organizados con procedementos normalizados, utilizan linguaxes de indización non sexistas e contan con persoal experimentado en xestión documental.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro contacto entre centros de documentación e bibliotecas de mulleres tivo lugar no marco das Jornadas Feministas Estatales: Juntas y a por todas (Madrid, 1993), durante o desenvolvemento dun obradoiro relacionado coa xestión da documentación sobre mulleres.

En 1994 a Biblioteca da Muller de IPES Elkartea de Pamplona organizou o primeiro Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Muller e, en 1995, foi a Biblioteca de Mulleres de Madrid quen organizou un segundo encontro, constituíndose propiamente a Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres.[3]

A Rede naceu co fin de servir como medio de comunicación e cooperación entre os establecementos documentais especializados en Muller e Xénero existentes en todo o estado español.[4]

Tipoloxía de centros que integran a Rede[editar | editar a fonte]

Segundo a súa dependencia administrativa clasifícanse en catro grupos:[5]

  • Dependentes dos organismos gobernamentais promotores de políticas públicas para a igualdade, das administracións estatal e autonómicas.
  • Bibliotecas e centros de información e recursos da administración local vinculados a concellos e deputacións.
  • Bibliotecas de asociacións afíns ao movemento feminista,
  • Servizos de documentación dos centros de investigación universitaria.

Centros de documentación e bibliotecas de mulleres integrados na Rede[editar | editar a fonte]

V Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Telde, 1998)

Centros integrados na Rede, por Comunidades Autónomas:[6]

VII Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Valladolid, 2000)

Andalucía:

  • Centro Europeo das Mulleres "Mariana de Pineda" do Servizo de Igualdade de Oportunidades. Concello de Granada.
  • Biblioteca da Delegación de Igualdade e Mocidade. Deputación de Granada.
  • Biblioteca-Centro de Documentación do Servizo de Igualdade de Xénero. Deputación de Málaga
  • Centro de Documentación "María Zambrano". Instituto Andaluz da Muller
  • Biblioteca do Instituto de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero. Universidade de Granada

Aragón:

Castela-A Mancha:

Castela e León:

  • Centro de Documentación e Biblioteca da Muller de Valladolid
  • Biblioteca do Centro de Estudos da Muller. Universidade de Salamanca

Cataluña:

  • Centro de Recursos e Asesoramento para as Mulleres de Badalona. Programa Municipal para a Muller
  • Biblioteca  Francesca Bonnemaison
  • Centre de Documentación Ca La Dona
  • Centro de Documentación "Joaquima  Alemany i Roca". Instituto Catalán das Mulleres
  • Centro de Estudos e Documentación das Mulleres do Seminario Interdisciplinar de Estudos da Muller. Centre "Dolors Piera" de Igualdade de Oportunidades e Promoción das Mulleres. Universidade de Lleida
VIII Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Vigo, 2001)
VIII Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Vigo, 2001)

Comunidade de  Madrid:

Comunidade Valenciana:

  • Biblioteca da Muller. Generalitat Valenciana

Galicia:

XVII Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Bilbao, 2010)

Navarra:

País Vasco:

Principado de Asturias:

A Rioxa:

  • Biblioteca e Centro de Documentación da Muller. Centro Asesor da Muller

Encontros anuais da Rede[editar | editar a fonte]

As liñas principais de actuación son definidas en encontros anuais que son organizados por centro diferentes en distintas localidades:[7]

Edición Ano Lugar Entidade organizadora
I 1994 Pamplona Biblioteca da Muller de IPES Elkartea
II 1995 Madrid Biblioteca de Mulleres
III 1996 Granada Instituto de Estudos da Muller da Universidade de Granada
IV 1997 Barcelona Centro de Documentación do Instituto Catalán das Mulleres
V 1998 Telde Centro de Documentación de Mulleres do Concello de Telde
VI 1999 Mérida Centro de Estudos e Documentación da Fundación "8 de Marzo"
VII 2000 Valladolid Centro de Documentación da Muller da Asociación "Rosa Chacel
VIII 2001 Vigo[8] Biblioteca/Centro de Documentación da Asociación Alecrín
IX 2002 Xixón Centro de Documentación da Concellalía da Muller do Concello de Xixón
X 2003 Vitoria Centro de Documentación de Emakunde-Instituto Vasco da Muller
XI 2004 Murcia Centro de Documentación do Instituto da Muller da Rexión de Murcia
XII 2005 Sevilla Centro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da Muller
XIII 2006 Málaga Centro de Documentación do Servizo Provincial da Muller da Deputación de Málaga
XIV 2007 Alcobendas Servizo de Documentación e Biblioteca "Clara Campoamor" do Concello de Alcobendas
XV 2008 Palencia Centro de Documentación da Muller en Castela e León da Asociación de Mulleres Palentinas para a Democracia
XVI 2009 Barcelona Biblioteca Francesca Bonnemaison de Barcelona
XVII 2010 Bilbao Centro de Documentación de Mulleres "Maite Albiz"
XVIII 2011 L'Hospitalet de Llobregat Programa Municipal da Muller do Concello de L'Hospitalet
XIX 2012 Vigo Centro de Documentación e Recursos Feministas da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo
XX 2013 Granada Instituto de Estudos da Muller da Universidade de Granada
XXI 2014 Toledo Centro de Documentación do Instituto da Muller de Castela-A Mancha
XXII 2015 Salamanca Centro de Estudos da Muller da Universidade de Salamanca
XXIII 2016 Oviedo Centro de Documentación do Instituto Asturiano da Muller
XXIV 2017 Barcelona Centro de Documentación "Joaquima Alemany i Roca" do Instituto Catalán das Mulleres
XXV 2018 Sevilla Centro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da Muller
XXVI 2019 Valencia[9] Biblioteca da Muller. Generalitat Valenciana

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "XXIV Trobada de la Xarxa de Centres de Documentació i Biblioteques de Dones". Institut Català de les Dones (en catalán). Consultado o 2019-03-16. 
  2. Bonachela, Aurelia Daza; Meseguer, Antonio Manuel Chinea; Jiménez, Montse Argente; Vallés, Estibaliz Anitua (2007). "Bibliotecas de mujeres: unas grandes desconocidas". Mi biblioteca: La revista del mundo bibliotecario (9): 106–115. ISSN 1699-3411. 
  3. Páez, Núria Jornet Benito; Núria Tuset (2016). "Construyendo la memoria de los feminismos: archivos, bibliotecas y centros de documentación. Una mirada al pasado, una reflexión para el futuro". BiD: textos universitaris de biblioteconomia i documentació (36). ISSN 1575-5886. 
  4. Jiménez, Montse Argente; Muñoz, Ana M. Muñoz (2015). "La formación de las bibliotecarias y las bibliotecas de mujeres en España". Revista general de información y documentación 25 (1): 47–67. ISSN 1132-1873. 
  5. Jiménez, Montse Argente; Muñoz, Ana M. Muñoz (2010). "Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres: cooperación entre las bibliotecas feministas españolas". El profesional de la información 19 (5): 504–509. ISSN 1386-6710. 
  6. "Centre de Documentació Joaquima Alemany i Roca". Institut Català de les Dones (en catalán). Consultado o 2019-03-21. 
  7. "XXIII Encuentro de la Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres - IPES Mujeres y Feminismos". noticias.ipesmujeres.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-21. 
  8. "Bibliotecas de mujeres de toda España debaten en Vigo sus próximos proyectos". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2019-03-21. 
  9. "XXVI Encuentro de la Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres - Noticias - Generalitat Valenciana". www.inclusio.gva.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]