Receptor orfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un receptor orfo é un aparente receptor celular que ten unha estrutura similar á doutros receptores identificados pero do que non se identificou aínda o seu ligando endóxeno. Se posteriormente se descobre un ligando para ese receptor orfo, o receptor pasa a denominarse "orfo adoptado".

Exemplos[editar | editar a fonte]

Encóntranse exemplos de receptores orfos entre os receptores acoplados á proteína G (GPCR)[1][2][3] e na familia dos receptores nucleares.[4][5][6] Aos receptores GPCR orfos xeralmente se lles dá o nome "GPR" seguido dun número, por exemplo GPR1.

Se se atopa un ligando endóxeno para el, o receptor orfo é "adoptado". Un exemplo é o receptor FXR, que é activado polos ácidos biliares.[7] Entre os receptores orfos adoptados no grupo dos receptores nucleares están o receptor farnesoide X (FXR), o receptor hepático X (LXR), e o receptor activado polo proliferador do peroxisoma (PPAR). Outro exemplo dun sitio receptor orfo é o sitio de unión do PCP no receptor NMDA,[8] que é un tipo de canle iónica regulada por ligando. A droga recreativa PCP funciona uníndose a ese sitio, pero non se atopou aínda o ligando endóxeno que é específico dese sitio, polo que se considera un "orfo".

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Historicamente, os receptores descubríronse usando os ligandos para "pescar" os seus receptores. Por tanto, por definición, estes receptores descubertos por ese procedemento non eran orfos. Porén, coa aparición de novas técnicas na moderna bioloxía molecular como o exame de bibliotecas de ADNc, fíxose posible identificar receptores relacionados entre si baseándose na semellanza de secuencia para descubrir receptores sen coñecer cales son os seus ligandos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Levoye A, Dam J, Ayoub MA, Guillaume JL, Jockers R (2006). "Do orphan G-protein-coupled receptors have ligand-independent functions? New insights from receptor heterodimers". EMBO Rep 7 (11): 1094–8. PMC 1679777. PMID 17077864. doi:10.1038/sj.embor.7400838. 
  2. Civelli O, Saito Y, Wang Z, Nothacker HP, Reinscheid RK (2006). "Orphan GPCRs and their ligands". Pharmacol Ther 110 (3): 525–32. PMID 16289308. doi:10.1016/j.pharmthera.2005.10.001. 
  3. Wise A, Jupe SC, Rees S (2004). "The identification of ligands at orphan G-protein coupled receptors". Annu Rev Pharmacol Toxicol 44 (February): 43–66. PMID 14744238. doi:10.1146/annurev.pharmtox.44.101802.121419. 
  4. Giguère V (October 1999). "Orphan nuclear receptors: from gene to function". Endocr. Rev. 20 (5): 689–725. PMID 10529899. doi:10.1210/er.20.5.689. 
  5. Benoit G, Cooney A, Giguere V, Ingraham H, Lazar M, Muscat G, Perlmann T, Renaud JP, Schwabe J, Sladek F, Tsai MJ, Laudet V (2006). "International Union of Pharmacology. LXVI. Orphan nuclear receptors". Pharmacol Rev 58 (4): 798–836. PMID 17132856. doi:10.1124/pr.58.4.10. 
  6. Shi Y (June 2007). "Orphan Nuclear Receptors in Drug Discovery". Drug Discov. Today 12 (11–12): 440–5. PMC 2748783. PMID 17532527. doi:10.1016/j.drudis.2007.04.006. 
  7. Mi LZ, Devarakonda S, Harp JM, Han Q, Pellicciari R, Willson TM, Khorasanizadeh S, Rastinejad F (April 2003). "Structural basis for bile acid binding and activation of the nuclear receptor FXR". Mol. Cell 11 (4): 1093–100. PMID 12718893. doi:10.1016/S1097-2765(03)00112-6. 
  8. Fagg GE (May 1987). "Phencyclidine and related drugs bind to the activated N-methyl-D-aspartate receptor-channel complex in rat brain membranes". Neurosci. Lett. 76 (2): 221–7. PMID 2438606. doi:10.1016/0304-3940(87)90719-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]