Real Madrid Castilla Club de Fútbol
Real Madrid Castilla | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Madrid Castilla Club de Fútbol | |||
Alcume(s) | Castilla | |||
Fundación | 16 de decembro de 1930 (93 anos) | |||
Estadio | Alfredo Di Stéfano, Madrid, España | |||
Inauguración | 24 de setembro de 1982 | |||
Capacidade | 7.500 | |||
Presidente | Florentino Perez | |||
Adestrador | Raúl González Blanco | |||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Fly Emirates | |||
Na rede | ||||
http://www.realmadrid.com/ | ||||
| ||||
O Real Madrid Castilla Club de Fútbol, coñecido habitualmente como Castilla, é un equipo de fútbol, o primeiro filial do Real Madrid Club de Fútbol, que xoga na Segunda División B.
Entre os seus logros deportivos, destaca un campionato de Segunda División na tempada 1983-84, e o subcampionato na Copa do Rei de 1979–80, competición que actualmente os equipos filiais non poden xogar, que perdeu contra o primeiro equipo do Real Madrid, por 6-1, o que lle serviu ademais para disputar a Recopa de Europa ao ano seguinte, ao estar xa clasificado o primeiro equipo para disputar a Copa de Europa.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Alfredo Di Stéfano.
O Real Madrid Castilla disputa os seus encontros no Estadio Alfredo Di Stéfano, situado na Cidade Real Madrid en Valdebebas. Foi inaugurado o 9 de maio de 2006 e posúe unha capacidade de 6.000 espectadores, todos sentados, e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 2ª: 33
- Tempadas en 2ªB: 21 (Incluída a 2020–21)
- Tempadas en 3ª: 20
- Debut en Segunda: 1949–50.
- Primeiro partido: Castilla – Salamanca (6–3).
- Mellor posto na liga: 1º (2ª división, tempada 1983–84)
- Peor posto na liga: 18º (2ª división, tempadas: 1989–90, 1996–97)
- Participacións en competicións europeas: 1
- 1 na Recopa de Europa, na que chegou a 1/32 final (1980–81), sendo o único equipo español que xogou competicións europeas estando en 2ª.
- Maior goleada conseguida: Castilla – Úbeda (11–0). Tempada 1960–61.
- Maior goleada encaixada: Eibar – Castilla (16–0). Tempada 1988–89.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Copa do Rei (1): 1979-80
- Segunda División de España (1): 1983-84
- Segunda División B de España (4): 1990-91, 2001-02, 2004-05 e 2011-12.
- Terceira División de España (6): 1948-49, 1954-55, 1956-57, 1963-64, 1965-66, 1967-68
- Subcampión da Segunda División B (3): 1977-78, 1997-98, 2003-04
- Subcampión da Terceira División (1): 1966-67
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Teide (3): 2001, 2002, 2005
- Torneo de San Ginés (2): 1985, 1999