ReBoot
ReBoot | |
---|---|
Tipo | serie de televisión de animación ![]() |
Xénero artístico | serie de acción, telecomedia, cinema de ciencia ficción e serie de televisión de aventuras ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Director/a | Nicholas Kendall (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Compositor/a | Q85998143 ![]() ![]() |
Actores de dobraxe
| |
Temática | |
Personaxes
| |
Publicación | |
País orixe | Canadá ![]() |
Distribuidor/a | Corus Entertainment ![]() |
Emisora orixinal | YTV (pt) ![]() ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Datas | |
Comezo | 10 de setembro de 1994 ![]() |
Remate | 30 de novembro de 2001 ![]() |
Dimensións | |
Episodios | 47 ![]() |
Tempadas | 4 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | reboot.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
ReBoot é unha serie de animación canadense producida pola compañía Mainframe Entertainment, emitida inicialmente entre os anos 1994 e 2001. En Galicia transmitiuna a TVG a finais da década de 1990.
Foi a primeira serie completamente animada por ordenador[1]. Na década de 1980 xurdiu a idea da serie, mais a tecnoloxía aínda non estaba o suficientemente desenvolvida para levalo a cabo de xeito satisfactorio. As probas de animación en 3D empezaron en 1990, acadando unha aparencia detallada no 1991. Continuou a produción de máis episodios ata que houbo un número suficiente de capítulos, emitíndose por primeira vez en 1994. Ningunha outra compañía desenvolvera ata o momento un proxecto de animación en 3D desta escala e o software utilizado era daquela unha innovación.
Enredo
[editar | editar a fonte]A trama ten lugar no mundo interior dun sistema informático coñecido como Mainframe. Bob é o Gardián #452, responsable de manter a seguridade no sistema Mainframe, onde un virus chamado Megabyte anda a causar estragos. A moza Dot Matrix e seu irmán máis novo Enzo, que adoita meterse en sarillos, enfróntanse xunto con Dot ó malévolo Megabyte pero ás veces tamén se ven involucrados en xogos que inicia o usuario do sistema. Os xogos maniféstase como un cubo vermello caendo do "ceo", deben vencer a calquera prezo ou pola contra serán eliminados e producirase a destrución dun sector en Mainframe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Canal + estrena 'Reboot', el futuro de la animación por ordenador, en El País (16-4-1995). Comprobado o 31-1-2015, en castelán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ReBoot (Serie de TV), ficha en filmaffinity, en castelán.
- ReBoot, na IMDb, en inglés.