Reómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un reómetro rotativo usado nun laboratorio de investigación.

Un reómetro é un instrumento de medida de laboratorio que se usa para medir a forma en que flúen un líquido, unha mestura ou unha suspensión, baixo a acción de forzas externas.

Emprégase para fluídos que non poden definirse cun único valor de viscosidade e que, polo tanto, requiren máis parámetros que os que pode subministrar un viscosímetro. Mide a reoloxía do fluído.

As partes do reómetro son: cilindro xiratorio, cilindro estacionario, resorte de restitución, dial de lectura, conxunto de engrenaxes, panca posicionadora de velocidades (L600,L300), interruptor, manivela e soporte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]