Rayka Zehtabchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rayka Zehtabchi
Nacemento1994
Lugar de nacementoOs Ánxeles
Alma máterUSC School of Cinematic Arts
Ocupacióndirectora de cine e produtora
Coñecida porPeriod. End of Sentence.
editar datos en Wikidata ]

Rayka Zehtabchi é unha directora e produtora iraniano-estadounidense, a primeira en recibir un premio Óscar. A súa curtametraxe documental: Period. End of Sentence. foi a gañadora da categoría mellor curtametraxe documental na 91ª edición dos Óscar, o 24 de febreiro de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu debut como directora foi coa curtametraxe iraniana Madaran, que foi proxectado a nivel mundial recadando varias mencións e premios, entre elas os premios do xurado nos festivais de cine Urbanworld e Cleveland International. Zehtabchi levou tamén o premio á mellor dirección no Festival Hollyshorts por esta a súa primeria curta.[1] Esta cinta clasificouse para os nomeados na 89ª. edición dos Premios Óscars de Hollywood.[2]

Paralelamente á realización da súa curta Period. End of Sentence, gañadora do Óscar á mellor curta documental en 2019, o equipo creou a organización sen ánimo de lucro The Pad Project co fin de mellorar as condicións de hixiene feminina a nivel do planeta e loitar contra a estigmatización da menstruación. Ademais do Óscar, esta curta levou os premios do xurado e da audiencia no Traverse City Film Festival e no AFI Fest, e o no SCAD Savannah Film Festival baixo a categoría Woman Walks Ahead .[2][3][4]

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Masters, Linita (19 de agosto de 2016). "12th ANNUAL HOLLYSHORTS FILM FESTIVAL WINNERS ANNOUNCED". The Hollywood 360 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Rayka Zehtabchi". IMDb (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  3. "Announcing AFI FEST 2018 Audience and Jury Award Winners". American Film (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  4. Haring; Haring (3 de novembro de 2018). "SCAD Savannah Film Festival Honors ‘Tomorrow’ As Best Narrative Feature". Deadline (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]