Rauno Nurger
Acunsa Gipuzkoa Basket | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1993 (29 anos)![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 105 kg (231 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Sunrise Christian (Wichita, Kansas) |
Universidade | Wichita State (2014–2018) |
NBA Draft | 2018 / Rolda: Non drafteado |
Internacional | ![]() |
Carreira | 2011−presente |
Historial de equipos | |
Tallinna Kalev (2011–2012) TYCO Rapla (2012–2013) Peñas Huesca (2018–2019) Leite Río Breogán (2019–2020) BC Kalev/Cramo (2020−2022) Acunsa Gipuzkoa Basket (2022−presente) |
Rauno Nurger, nado o 24 de novembro de 1993 en Keila, Harju, é un xogador profesional internacional de baloncesto estoniano. Formado na universidade de Wichita State, cunha altura de 2,08 m xoga nas posicións de pivote e ala-pivote. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Keila, no Condado de Harju, Nurger comezou a súa carreira no baloncesto no Tallinna Kalev e no TYCO Rapla da Korvpalli Meistriliiga, máxima categoría do baloncesto estoniano. Posteriormente foi aos Estados Unidos, onde acudiu á Sunrise Christian Academy e á Universidade de Wichita State, onde competiu cos Shockers da NCAA. Na liga universitaria estadounidense fixo unha media de 3,5 puntos e 2,1 rebotes por partido en catro anos. Para a temporada 2018−19 asina co Peñas Huesca da Liga LEB, sendo un dos xogadores destacados da competición cunha media de 13,3 puntos (61,2% en tiros de dous e 78,4% tiros libres), 6,3 rebotes, 1 asistencia, 1 tapón e 1 mate por encontro en 26 minutos sobre a cancha. Tras finalizar a temporada, o 11 de xullo de 2019 anúnciase a súa fichaxe polo Leite Río Breogán,[1] club onde permanece unha temporada. Posteriormente regresa durante dúas temporadas a Estonia, ao BC Kalev/Cramo. O 18 de xullo de 2022 anúnciase a súa incoporación polo Acunsa Gipuzkoa Basket da LEB Ouro.
Clubs[editar | editar a fonte]
Tallinna Kalev (KML, 2011−2012)
TYCO Rapla (KML, 2012−2013)
Sunrise Christian Academy (Insituto, 2013−2014)
WSU Shockers (NCAA, 2014−2018)
Peñas Huesca (LEB, 2018–2019)
CB Breogán (LEB, 2019−2020)
BC Kalev/Cramo (KML, 2020−2022)
Acunsa Gipuzkoa Basket (LEB, 2022−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Rauno Nurger, poderío interior para o Leite Río Breogán". 11 de xullo de 2019.