Ratchet & Clank (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ratchet & Clank
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI 6, PEGI 3 e PEGI 6
CERO
Na rede
https://www.insomniacgames.com/games/ratchet-clank/
IMDB: tt0347851 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre o videoxogo. Para a serie de videoxogos, véxase Ratchet & Clank (serie). Para a película, véxase Ratchet & Clank (filme)

Ratchet & Clank é un videoxogo de plataformas e disparos en primeira e terceira persoa, desenvolto orixinalmente para PlayStation 2, desenvolto por Insomniac Games e distribuído por Sony Computer Entertainment.[1] Foi lanzado en varios territorios durante 2002; en Europa estreouse o 8 de novembro de 2002. En 2012, o videoxogo relanzouse para PlayStation 3 como parte dun recompilatorio das tres primeiras entregas da serie, denominado Ratchet & Clank Trilogy HD, que apareceu en Europa o 27 de xuño.[Cómpre referencia]

No certame E3 2014 dos Ánxeles, Insomniac Games anunciou unha nova versión deste título para a consola PlayStation 4, con data de lanzamento en 2015. Este lanzamento adiouse ata abril de 2016 , coincidindo coa estrea da película homónima.[1][2]

O videoxogo presenta as aventuras do dúo de personaxes, formado polo lombax antropomórfico Ratchet e o seu robot acompañante Clank, os cales se coñecen no planeta natal primeiro. Ambos recorren planeta por planeta a galaxia ficticia na que se ambienta o título, na busca do inimigo principal, Drek, quen busca a creación dun novo planeta para o seu posterior dominio, tendo iso como consecuencia a destrución do resto da galaxia.[3]

En cuanto a mecánica de xogo, combínanse fase de plataformas a superar para avanzar no mapeado de cada planeta xunto con outros momentos onde se deberá empregar o arsenal do que se dispón para derrotar os múltiples tipos de inimigos existentes en cada zona, alternadas con pequenos crebacabezas que abren novas áreas ao ser resoltos. Ao avanzar na aventura, o acceso a novas armas e dispositivos axudarán a seguir progresando ata a batalla final.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Jugamos al nuevo videojuego de 'Ratchet & Clank', a tiempo antes del estreno de la película". Fotogramas (en castelán). 4 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2019. 
  2. Bonilla Sierra, Josu (15 de maio de 2015). "El videojuego y la película de Ratchet & Clank se retrasan • Consola y Tablero". Consola y Tablero (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Castillo, José Carlos. "Crítica de Ratchet & Clank: un videojuego de cine". FS Gamer (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]