Rapto das sabinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O rapto das Sabinas de Jacques-Louis David

Segundo a lenda, na Roma dos primeiros tempos a poboación era eminentemente masculina. Para solucionar isto Rómulo, o seu fundador e primeiro rei, organizou unhas probas deportivas en honor do deus Neptuno ás que invitou ós pobos veciños. Acudiron varios deles, pero os dunha poboación, a Sabinia, acudiron a Roma coas súas mulleres e fillas e precedidos polo seu rei.

Comezou o espectáculo dos xogos e, a un sinal, cada romano raptou unha muller, e logo botaron ós homes. Os romanos intentaron serenar ás mulleres convencéndoas de que só o fixeron porque querían que fosen as súas esposas, e que elas non podían menos que sentirse orgullosas de pasar a formar parte dun pobo que fora elixido polos deuses.

Os sabinos, enfadados pola dobre aldraxe de traizón e de rapto das súas mulleres, atacaron ós romanos, ós que foron acurralando no Capitolio. Cando se ían enfrontar no que parecía ser a batalla final, as sabinas interpuxéronse entre ambos combatentes para que deixasen de matarse porque, razoaron, se gañaban uns perdían ós seus pais e irmáns, e se gañaban os outros perdían ós seus maridos e fillos. As sabinas lograron facelos entrar en razón e finalmente celebrouse un banquete para festexar a reconciliación. O rei de Sabinia, Tito Tácito, e Rómulo formaron unha diarquía en Roma ata a morte daquel.