Ramón Vilas González
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 28 de xaneiro de 1944 A Coruña, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón Vilas González, finado na Coruña o 28 de xaneiro de 1944,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Ramón Vilas Arias. Foi xuíz municipal da Coruña (1905). Membro do Partido Liberal e leal a Manuel García Prieto, foi concelleiro da Coruña, deputado provincial polo distrito de Ferrol-Ortigueira (en 1915 e outra vez en 1919) e en 1922 foi elixido presidente da Deputación da Coruña ata a ditadura de Primo de Rivera. Convocou unha Asemblea de Deputacións e Concellos de Galicia o 5 de marzo de 1922. Durante a Segunda República foi Vicepresidente da Electra Popular Coruñesa e volveu ser deputado provincial en 1934.
Predecesor: Valentín Molina Couceiro |
Presidente da deputación da Coruña 1922 - 1923 |
Sucesor: Dionisio Muro Carvajal |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María del Pilar Durán Cao, e foi pai de María del Pilar Vilas Durán, que casou con José Miñones Bernárdez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-1-1944, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A Asemblea das provincias galegas de 1922, o modelo mancomunalista e a autonomía integral de Galicia de Baldomero Cores Trasmonte.