Ramiro Ledo
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1981 (43 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, cineasta |
Ramiro Ledo Cordeiro, nado en Lugo o 5 de xuño de 1981, é un xornalista e director de cine galego. Despois de residir en Barcelona, na actualidade faino en Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou xornalismo na USC. En 2001 foi un dos fundadores do Cineclube de Santiago de Compostela. Dirixiu os tres primeiros números do boletín de cinema en galego Ariel. Forma parte do consello de redacción da revista virtual de cinema Blogs & Docs. É un dos fundadores do proxecto NUMAX.
Obra
[editar | editar a fonte]- CCCV – Cineclube Carlos Varela (2005). Longametraxe sobre a vida de Carlos Varela.
- Videoclip da canción de Ataque Escampe "Serafín" (Galicia es una mierda, 2008)
- Videoclip de "Menea o bullarengue!", tema orixinal de Siniestro Total versioneado por Ataque Escampe, Novedades Carminha e O Leo i Arremecághona! (2008).
- O proceso de Artaud (2010).
- Vida extra (2013).
Aparece como actor na curtametraxe Berberecho (Xosé Manuel Bazarra "Sepi", 2001), e realizou a montaxe de Entre linguas (2009) e A cicatriz blanca (Margarita Ledo, 2012). O seu artigo "Facer filmes contra o seu tempo", aparece no libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural (Cineclube Compostela, 2010).
Premios
[editar | editar a fonte]Premio Europa Cinemas Awards como empresario do ano 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.ramiroledo.com
- Ficha en novocinemagalego.info