Galicia es una mierda
Instancia de
Título
Galicia es una mierda (es)
Lingua
Data de publicación
2008
Wikidata
Galicia es una mierda é o segundo disco do grupo Ataque Escampe , publicado no 2008. Ademais de estar dispoñible en formato CD , pódese descargar en mp3 de balde na páxina do selo. O título foi decidido nunha votación aberta no seu blog. As outras opcións eran Arredor da cuestión nacional , A banda desdenhada e Siempre en Murcia .
Ademais dos cinco membros da banda no momento da gravación (Roi Vidal : percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros e recitados; Marco Gelpi : acordeón, cuncas tibetanas, trompeta, guitarra acústica, trombón de serie B e coros; Samuel Solleiro : violín, guitarras, teclas, coros, asubíos e recitados; Miguel Mosqueira : guitarras acústicas, baixo, teclas, tubulares, xilófono, coros e voz; e Álex Charlón : voz), tamén participaron outros músicos: Xoel Méndez (banjo e cuatro), Paku Granja (voces), Juan José Carbonell (bongós), Iván Pantín (tuba), Xosé Lois García (piano, caixa e xilófono), Borxa Ínsua (serrucho), Andrea Zayas , da banda Sacha na Horta , (voz), Brais Ríos , tamén de Sacha na Horta, (acordeón), e Xoán Xosé Cruz , de Qronopios , (clarinete).
O disco rematouse de gravar o 31 de decembro de 2007. O técnico de son foi Yago Pico , e foi masterizado por Noel Feáns .
"Akira Toriyama"
"A granxa de Alexandre"
"Nadina"
"A banda desdenhada (entre o Leo e o mamoneo)"
"Serafín"
"I´m not your man"
"Canción para pechar o Ruta"
"Quero ser o malo da película"
"Vista Alegre"
"Arredor da cuestión nacional"
"Galicia es una mierda"
"O longo adeus"
"Tres cantos a Lenin"
"Invención da pólvora" (Bonus track)