Ramón Villarino de Sáa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Villarino de Sáa
Ramón Villarino de Saa 1915.jpg
Nacemento1890
 Xinzo de Limia
Falecemento27 de marzo de 1959
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, xurista, escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Ramón Villarino de Sáa, nado en Xinzo de Limia en 1890 e finado en Ourense o 27 de marzo de 1959[1], foi un xurista, escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor-xefe de El Eco Antelano (1911-1912). En 1912 trasladouse a Madrid para facer a carreira de dereito; ao rematar deu conferencias no Ateneo de Madrid. Volveu a Ourense onde e traballou como avogado do Estado e dirixiu El Diario de Orense e colaborou en La Centuria e La Región. Formaba parte dos afíns á corrente calvosotelista. Durante a República formou parte do Comité Provincial de Acción Popular en Ourense e nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado por Ourense pola CEDA. Despois da Guerra civil, foi avogado do bispado de Ourense.

Casado con Araceli Anta Novoa, foron os últimos propietarios do pazo de Chaioso.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Égloga de amor, 1911.
  • La última merced, 1915.
  • El pájaro negro, 1917. Chegou a estrearse en Ourense o 10 de maio de 1917.
  • Piedras galaya, 1918.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 31-3-1959, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". ISBN 84-689-5317-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]