Ramón San Luís Romero
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ramón San Luís Romero | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Carballo |
Falecemento | 27 de xullo de 1944 |
Lugar de falecemento | Carballo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Xesús San Luís Romero |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón San Luís Romero, nado en Carballo e finado no mesmo concello o 27 de xullo de 1944,[1] foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco San Luís, que fora presidente do Comité Republicano, síndico e alcalde de Carballo na Primeira República, e irmán de Xesús San Luís Romero. Foi presidente do Centro Solidario Gallego de Carballo creado o 8 de decembro de 1908. Fundou sociedades labregas, foi acusado de desordes públicas e xulgado na Coruña en xaneiro de 1911[2]. Ante o acoso tivo que marchar para América. Retornou a Carballo e durante a II República foi alcalde de Carballo.
Predecesor: Gaspar Navaza (en funcións) |
![]() Alcalde de Carballo 1934 - 1935 |
Sucesor: Francisco Bolón
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Matilde Pombo Salgado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 28-7-194, p. 3.
- ↑ El Noroeste, 10-1-1911, p. 1.