José Monteagudo Rodríguez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1899 Carballo, España |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| 1936 – 1936 (destitución) ← Francisco Bolón Moreira – Julio Sánchez de Rueda → | |
| 1932 – 1934 ← Francisco Bolón Moreira – Ramón San Luís Romero → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
José Monteagudo Rodríguez, nado en Carballo en 1899, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Carballo e nomeado 1º tenente-alcalde. Logo da dimisión do alcalde Francisco Bolón Moreira en 1932, foi elixido alcalde de Carballo. Foi destituído polo gobernador civil en setembro de 1934.[1] Volveu ser alcalde en 1936. Foi deputado provincial. Foi o último alcalde de Carballo da II República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Detido, foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
| Predecesor: Francisco Bolón Moreira |
Alcalde de Carballo 1932 - 1934 |
Sucesor: Ramón San Luís Romero |
| Predecesor: Francisco Bolón Moreira |
Alcalde de Carballo 1936 |
Sucesor: Julio Sánchez de Rueda |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 29-9-1934, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concelleiros das corporacións republicanas
- "Alcaldes de Carballo, do franquismo á primeira corporación democrática", en La Voz de Galicia, 25 de xuño de 2008.