Ramón Ramos Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Ramos Lamas
Nacemento1911
Lugar de nacementoFontao
Falecemento16 de setembro de 1941
Lugar de falecementoFontao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmineiro e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Ramón Ramos Lamas, nado en Fontao (Vila de Cruces) en 1911 e finado na mesma parroquia o 16 de setembro de 1941, foi un mineiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mineiro en Fontao, foi secretario do Sindicato de Obreros de las Minas de Estaño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo e trasladado á illa de San Simón. Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a cadea perpetua.[2] Foi trasladado ao penal de San Cristóbal en Pamplona en xullo. Participou na fuga do penal de Pamplona o 22 de maio de 1938 e foi capturado en Olave, reingresando o 23 de maio. Foille conmutada a pena en 1941 e retornou a Fontao, onde morreu a consecuencia dos padecementos da prisión o 16 de setembro dese ano.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Luisa Penalta e tivo unha filla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
  2. El Progreso, 27-1-1937, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]