Ramón González Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón González Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1856 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1925 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCorona González Santos
Premios

Ramón González Fernández,[1] nado en Ribadeo o 22 de abril de 1856 e finado no Porriño o 15 de decembro de 1925, foi un filántropo e empresario galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Náutica e Comercio en Ribadeo. En 1871 emigrou á Arxentina. Instalouse en Rosario traballando primeiro como empregado na casa comercial Correa, Gana e Compañía, despois como socio na empresa Mendeto e Compañía, e máis tarde sucesor na Ramón González e Cía, retirándose en 1896 logo de amasar unha fortuna. Retornou a Ribadeo en 1899. Promoveu a apertura de sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo e Santiago de Compostela.[2]

Porta norte da praza de abastos de Ribadeo, doada por Ramón González.

Dende a súa chegada dedicouse a facer numerosas doazóns ós concellos de Mos, O Porriño e Ribadeo. En Ribadeo foi membro da Sociedade Obreira de Socorros Mutuos A Concordia, da que foi presidente en 1910. Membro do Ateneo Biblioteca Popular, contribuíu ao seu desenvolvemento subvencionando clases de distintas materias e instrumentos musicais. Adxudicou bolsas a alumnos da vila para realizar os seus estudos. Subvencionou tamén a construción do Teatro, da Praza de Abastos e doou diñeiro para as Festas Patronais de 1925.En Porriño contribuíu á construción da casa do concello do Porriño deseñada polo arquitecto Antonio Palacios e o templo parroquial. [2][3]

Foi deputado provincial de Pontevedra en 1925.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Fachada oeste do corpo central da praza de abastos de Ribadeo, coa lenda da doazón de Ramón González
Fachada oeste do corpo central da praza de abastos de Ribadeo, coa lenda da doazón de Ramón González

En 1915 a corporación municipal de O Porriño, acordou facelo fillo adoptivo do Porriño.[4]

En 1922 deron o seu nome a unha rúa de Ribadeo e foi nomeado Fillo Predilecto de Ribadeo.[5]

Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de beneficencia e coa Real Orde de Sabela a Católica.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou no Porriño con Corona González Santos en 1900, fixando a súa residencia na casa familiar de Mos, coñecida como Vila do Adro. O matrimonio residiu por tempadas en Ribadeo e O Porriño.[1]

Ramón González, finou en Porriño aos 69 anos de idade, sendo soterrado na súa vila natal de Ribadeo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Castro, Celia (2015). "Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas". CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (25): 96–101. ISSN 1575-0639. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ramón González Fernández
  3. "El filántropo de O Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-03-03. Consultado o 2021-03-07. 
  4. "un berro pola cultura no porriño". Atlántico (en castelán). 2012-09-17. Consultado o 2021-03-07. 
  5. "Corona González y Ramón González, los grandes mecenas de Ribadeo y O Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-02-18. Consultado o 2021-03-07. 
  6. Padín Ogando, Fernanda (2018-02-18). "Corona González santos(1875-1972) – fotógrafas pioneiras". Consultado o 2021-03-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]