Ramón Godó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Godó
Ramón Godó i Lallana.jpg
Nacemento11 de maio de 1864
 Bilbao
Falecemento20 de setembro de 1931
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e político
PaiCarles Godó i Pié
FillosCarlos Godó Valls
editar datos en Wikidata ]

Ramón Godó Lallana, nado en Bilbao o 11 de maio de 1864 e finado en Barcelona o 20 de setembro de 1931, primeiro Conde de Godó, foi un empresario e político español, fillo de Carlos Godó y Pié e sobriño de Bartolomé Godó y Pié, fundadores do xornal La Vanguardia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramón Godó, hijo de Carlos Godó y Pié e Antonia Lallana, naceu en 1864 en Bilbao, época na que o seu pai e o seu tío xestionaban as delegacións comerciais en Bilbao e Oviedo da empresa familiar dos Godó. Debido á crise provocada pola Terceira Guerra Carlista, volveron todos a Barcelona.

O seu pai morreu o ano 1897 e el fíxose cargo da propiedade do xornal La Vanguardia. En 1912 fundou a empresa Papelera Godó, para romper o monopolio imposto por La Papelera Española e así poder fornecer papel ao seu xornal. Impulsou a expansión e influencia do xornal, que estableceu a súa sede na rúa Pelai de Barcelona. Ao mesmo tempo, militaba no Partido Liberal, polo que foi escollido deputado polo distrito de Igualada nas eleccións de 1899, 1901, 1903 e 1905.[1] Ramón Godó foi o primeiro Conde de Godó, título que recibiu no ano 1916 de mans do rei Afonso XIII.

Ramón Godó Lallana era un home coxo, cun problema de xordeira e case cego dun ollo, pero cunha gran intelixencia e talento para as finanzas.[2]

Foi o seu fillo, Carlos Godó Valls, segundo Conde de Godó, quen en 1965 instaurou un premio xornalístico co seu nome, na honra ao centenario do seu nacemento.

Na localidade barcelonesa de Copons onde Ramón Godó Lallana tiña unha casa, existe unha praza co seu nome como homenaxe ao empresario catalán.[3]

Notas[editar | editar a fonte]