Condado de Godó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conde de Godó»)
Condado de Godó
Primeiro titularRamón Godó Lallana
ConcesiónAfonso XIII
2 de decembro de 1916
LiñaxesCasa de Borbón
Actual titularJavier Godó Muntañola

O Condado de Godó é un título nobiliario español creado o 2 de decembro de 1916 polo rei Afonso XIII a favor de Ramón Godó Lallana,​[1] empresario español, vinculado familiarmente co xornal La Vanguardia, así como con numerosas publicacións, como Historia e Vida.

Esta familia está vinculada a diferentes manifestacións literarias e deportivas como o Trofeo Conde de Godó de tenis. As súas actividades están centralizadas no Grupo empresarial Godó.

O 12 de xullo de 2008, o rei Xoán Carlos I concedeulle a Grandeza de España para unir ao título de conde de Godó.[2]

Condes de Godó[editar | editar a fonte]

Titular Período
Creación por Afonso XIII
I Ramón Godó Lallana 1916-1931
II Carlos Godó Valls 1956-1987
III Javier Godó Muntañola 1988-actual titular

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios españoles. Instituto "Salazar y castro", C.S.I.C.
  2. Real Decreto 1173/2008, de 11 de xullo. Publicado no BOE, o 12 de xullo de 2008.