Ramón Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Barreiro
Nacemento28 de agosto de 1906 e 28 de agosto de 1908
 Valladolid
Falecemento1981
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cine e guionista
editar datos en Wikidata ]

Ramón Barreiro Vázquez, nado en Pontevedra o 28 de agosto de 1908 e finado en Madrid en 1981, foi un fotógrafo, cineasta e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barreiro era fillo do fotógrafo estratense Ramón Barreiro Barcala, primeiro establecido en México e despois en Pontevedra. En 1925 comezou a colaborar co seu irmán Enrique coa rodaxe de filmes e coas súas investigacións co cinema en cor, como Estreou co documental Pontevedra, cuna de Colón, estreado no Teatro Principal de Pontevedra en 1927.

En 1932 montou con Enrique e o pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que rodaron noticieiros e filmes como Por unha Galicia nova, en apoio do estatuto de autonomía. As dificultades financeiras e as desavinzas co irmán levárono a trasladarse a Madrid en 1935 para dedicarse á publicidade. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e Velázquez. Durante a guerra civil traballou para o bando republicano e realizou a curtametraxe Madrid heroico para o SUICEP (Sindicato Único de la Industria Cinematográfica y Espectáculos Públicos), dependente da C.N.T.

Ao remate da guerra lavou a súa reputación co libro Metralla blanca del Madrid rojo (1939). Iniciou unha carreira literaria, escribiu unha obra teatral para nenos e publicou o libro Nosotros los hombres (1943); tamén colaborou no diario Informaciones. Na década de 1940 dirixiu varias películas documentais como a serie Retablo español. En 1944 dirixiu a súa primeira longametraxe, El sobrino de don Búfalo Bill, primeiro dos seus filmes de humor e parodia.

Realizou programas en Televisión Española como Club mediodía e Teleclub, volvendo ao cinema esporadicamente, como ao traballar como coguionista do filme de León Klimovsky Torrejón City (1962).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • El otro Fu-Man-Chú (1946)
  • El pirata Bocanegra (1946-49)
  • Póker de Ases (1947)
  • Pototo, Boliche y compañía (1948).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castro de Paz, José Luis; Fandiño, Xaime (2010). CGAI, ed. Ramón Barreiro. Humor, parodia e modernidade. A Coruña. 
  • Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. pp. 47–49. ISBN 84-453-3152-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]