Rafael Serrano Valls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Serrano Valls
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Dúrcal, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Serrano Valls, nado en Dúrcal (provincia de Granada) o 15 de decembro de 1920 e finado en Cádiz o 9 de abril de 2018,[1] foi un militar español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse con 15 anos nas Forzas Regulares Indíxenas de Tetuán, onde estaba destinado o seu pai Alberto Serrano Montaner. Foi alférez provisional de infantaría e seguiu a carreira militar. En 1941 ascendeu a tenente provisional pasando en comisión de servizo ás Forzas de Policía Armada e de Tráfico. En 1944 foi destinado ao Terzo "Gran Capitán" da Lexión en Melilla. Ao ano seguinte pasou á Garda Civil e foi destinado como xefe de liña a Ordes para ocuparse de liquidar a guerrilla antifranquista. Dirixiu en 1947 o operativo que acabou coa vida de Manuel Ponte no Fontao o 21 de abril de 1947. Pasou á comandancia da Garda civil de Ferrol e foi o responsable da eliminación de Francisco Martínez Leira en Ombre o 31 de decembro de 1954.[2]

En xuño de 1966 foi nomeado xefe do 40 Terzo da Garda Civil da Coruña,[3] e uns meses despois pasou ao 26 Terzo da Garda Civil de Cádiz, permanecendo ao mando da provincia até 1979. En 1979 foi promovido a xeneral de brigada e nomeado xefe da 5ª Zona da Garda Civil de Logroño. En 1981 foi nomeado xeneral xefe da 1ª Zona da Gardia Civil de Madrid, dirixiu as forzas da Garda Civil que rodearon o Congreso no golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e foi un dos asinantes do "Pacto do capó". En 1998 pasou ao retiro por idade.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ordes con Blanca del Río Carballido en 1946, e foi pai de Rafael, Alberto, José María e Jaime Serrano del Río.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fallece el general Rafael Serrano Valls
  2. Martínez, Lupe. "Francisco Martínez Leira, Pancho:A historia dunha fuxida sen retorno" (PDF). Revista eumesa de estudios (15): 7–17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 06 de marzo de 2020. 
  3. La Voz de Galicia, 24-6-1966, p. 1, 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]