Rafael Quiroga Daviña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Quiroga Daviña
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata (137/138 anos)
Sirgueiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Quiroga Daviña, nado en Sirgueiros (O Incio) cara a 1886, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Rafael Quiroga Riomol e Mercedes Daviña Durricart. Veciño de San Clodio. Foi secretario do xulgado municipal de Peñamellera Alta dende 1928.[1] Despois foi secretario do xulgado municipal de Ribas de Sil. Foi promotor e presidente da Sociedad Cultural Recreativa Artesana de Ribas de Sil (1933).[2] Directivo da UGT e membro da Agrupación Socialista de Ribas de Sil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro e internado no Cárcere de Lugo. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar en consello de guerra celebrado en 1937 e condenado a pena de morte. Pasou ao Hospital de onde fuxiu,[3] abríronlle expediente por responsabilidades políticas en setembro de 1937.[4] Permaneceu agochado até 1940, cando se entregou. Foille conmutada a pena por cadea perpetua e despois por 30 anos de reclusión maior.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Palomil Montoto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]