Saltar ao contido

Rafael Poch-de-Feliu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Poch-de-Feliu
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade Libre de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncorrespondente , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLa Vanguardia
CTXT Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webrafaelpoch.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3424816 BNE: XX1125785 Editar o valor em Wikidata

Rafael Poch-de-Feliu, nado en Barcelona en 1956, é un xornalista e escritor catalán, especializado en política internacional de Rusia, Alemaña e a China.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou historia contemporánea en Barcelona e historia de Rusia en Berlín Occidental.

Traballou como correspondente durante máis de 20 anos, residindo en Moscova, Pequín, Berlín e París de forma consecutiva. Foi correspondente do xornal alemán Die Tageszeitung en España e redactor da axencia de noticias Deutsche Presse-Agentur en Hamburgo.[2]

Dende o ano 1988 até o 2002 foi correspondente de La Vanguardia en Moscova, coincidindo co colapso da Unión Soviética. Do 2002 até o 2008 foi correspondente na República Popular da China do mesmo xornal, en Pequín. A continuación en Berlín[3] e dende final do ano 2014 en París.[4]

Poch-de-Feliu é autor de numerosos artigos realizados durante o seu traballo como xornalista correspondente, así como de numerosos libros centrados tamén na diplomacia e as relacións políticas internacionais, especialmente nos países nos que viviu como correspondente. Salientan os seus libros sobre a China, Rusia e Alemaña,[5] e entre os seus artigos, Hong Kong: La reunificación sutil, parte do seu traballo realizado como correspondente de La Vanguardia na China, recollido na publicación titulada Diario de Pekín (2002-2008).[6]

Como experto na República Popular da China realiza entrevistas, conferencias e debates. Salvador López Arnal realizou unha conversación entrevista a Poch-de-Feliu publicada co título La crisis, la República Popular de China y la construcción europea.[7]

Publicou os seus escritos en medios como CTXT, entre outros artigos El síndrome Qing en Estados Unidos sobre a situación de crise entre a China e os Estados Unidos.[8]

Obras escollidas[editar | editar a fonte]

  • 1991 Tres días de agosto. golpe y revolución en la URSS, Editorial La Vanguardia
  • 2000 Tres preguntas sobre Rusia. Estado de mercado, Eurasia y fin del mundo bipolar, Icaria Editorial
  • 2003 La gran transición: Rusia 1985-2002. ISBN 9788484324225, Editorial Crítica
  • 2009 La actualidad de China: Un mundo en crisis, una sociedad en gestación. ISBN 9788474233162 Editorial Crítica
  • 2013 La quinta Alemania: un modelo hacia el fracaso europeo. ISBN 9788498885200 Icaria Editorial
  • 2018 Entender la Rusia de Putin. De la humillación al restablecimiento. Ediciones Akal.[9][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2012: Entrevista de Salvador López Arnal. La crisis, la República Popular de China y la construcción europea. Papeis de relacións ecosociais e o cambio global Nº 117 2012, pp. 173-184[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rafael Poch | ctxt.es". www.ctxt.es. Consultado o 2021-01-30. 
  2. www.icariaeditorial.com (ed.). "Biografia a Editorial Icaria". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 2016-12-11. 
  3. blogs.lavanguardia.com (ed.). "Diario de Berlín (2008-2014) -Diario de Berlín (2008-2014)". Consultado o 2016-12-11. 
  4. blogs.lavanguardia.com (ed.). "Diario de París - Diario del corresponsal de [[La Vanguardia]] en París, Rafael PochDiario de París | Diario del corresponsal de La Vanguardia en París, Rafael Poch". Consultado o 2016-12-11.  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)
  5. "Rafael Poch de Feliu Fernández". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  6. "Hong Kong: La reunificación sutil - Diario de Pekín (2002-2008)Diario de Pekín (2002-2008)". Consultado o 2021-01-30. 
  7. 7,0 7,1 "Entrevista a Rafael Poch-de-Feliu La crisis, la República Popular de China y la construcción europea". 
  8. Poch, Rafael. "El síndrome Qing en Estados Unidos". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  9. El Salto, ed. (20 de marzo de 2018). "Rusia, claves para entender el país de la ortodoxia" (en castelán). Consultado o 2019-01-14. 
  10. "Pascual Serrano presenta “Entender la Rusia de Putin” |" (en castelán). Consultado o 2019-01-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]