Rafael Mariño Vilela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Rafael Mariño Vilela, finado en Ordes o 18 de febreiro de 1983[1], foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante de Ordes. Falanxista, foi xefe da Falange de Ordes[2]. Amigo de Diego Salas Pombo. Foi nomeado alcalde de Ordes en novembro de 1942. Foi detido acusado de manter unha reunión con guerrilleiros antifranquistas, o que lle custou a alcaldía. Morreu en Ordes con 73 anos.


Predecesor:
Arturo Pérez Loureiro
 Escudo de Ordes.svg
Alcalde de Ordes
 
1942 - ?
Sucesor:
Jenaro González González

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Franqueira Regos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-2-1983, p. 45.
  2. El Compostelano, 30-11-1938, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pazos Gómez, Manuel (2017). "Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios". En Sermos Galiza. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron. Santiago de Compostela. p. 139. ISBN 978-84-697-4726-1.