Rafael Luca de Tena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Luca de Tena
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4335641 Editar o valor em Wikidata

Rafael Luca de Tena Lazo, nado en Sevilla en 1908 e falecido en Vigo o 21 de marzo de1990,[1][2][3] foi un cineasta afeccionado español que viviu e traballou en Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guerra civil española[editar | editar a fonte]

Rafael era fillo de Lucía Lazo García e de Rafael Luca de Tena Caño e irmán do director de escena Cayetano Luca de Tena. A familia Luca de Tena vivía en Madrid cando estourou a Guerra Civil española. En 1936 Rafael compartiu prisión no cárcere de Alcála de Henares co seu irmán Cayetano e co escritor Pedro Muñoz Seca.[4] Cando, despois do bombardeo do campo de aviación de Alcalá de Henares, as masas e milicianos republicanos quixeron asaltar a cadea para un linchamento selectivo, o anarquista Melchor Rodríguez conseguiu detelas e así salvou a Luca de Tena e a outros dunha posíbel execución.[5]

Obra cinematográfica en Galiza[editar | editar a fonte]

Contra 1940[2] instalouse en Vigo "por amor", onde casou con Esperanza de Haz de la Gándara[6] e en cuxa Praza da Constitución rexentou unha farmacia.[7] En Vigo converteuse na figura cinematográfica "de referencia" para os xoves aspirantes a cineastas,[8] nun papel equivalente ao que cumpría José Ernesto Díaz Noriega na Coruña.

En 1964 dirixiu (xunto co outro gran patriarca do cinema afeccionado galego José Ernesto Díaz Noriega) Sever Odnum, ou El mundo al revés, unha aparente obra vangardista que na realidade está parodiando "os filmes pretenciosos", cheos de "simbolismos de patacón", presentados por Font e Pruna no II festival de Cine de Humor da Coruña.[9][10] Os nomes destes cineastas cataláns repítense burlonamente na banda sonora.

En 1963 dirixiu o Festival de Cine Amateur en Vigo, co apoio da Agrupación Fotográfica Galega de Vigo, que logo trasladou a súa sede á Coruña. O primeiro premio gañouno Díaz Noriega con Revista 8.[11] Foi, xunto con Díaz Noriega, Carlos Fernández Santander e Francisco José Valente Ros, un dos impulsores do Club de Cine Amateur da Coruña.[12]

É autor de preto de 50 filmes,[13] moitos dos cales están depositados na Filmoteca de Galicia.[1] Filmou películas paródicas (Er feo negro), documentais (Caballos salvajes, O Corpiño) e de ficción (Había una vez un hombre). A maior parte da súa produción é documental, de temática ruralista, e constitúe unha das primeiras expresións de cinema rodado en galego.[14] Entre a súa produción destaca a costumista Miña aldea, na que un neno describe a súa aldea nunha redacción escolar.[13]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Er feo negro (1942)
  • Semana Santa en Vigo (1950)
  • Aeropuerto de Peinador (1950)
  • Botadura do Huesca no asteleiro Barreras (1954)
  • Sever Odnum (El mundo al revés, 1964)
  • Miña aldea (1965)
  • Improntum (1966)
  • Fiestas 1551 (1967)
  • Caballos salvajes (1967)
  • Había una vez un hombre (1967)
  • Saudade (1970)
  • Tres etapas (1968)
  • Rapsodia galaica (1968)
  • Saudade (1970)
  • Concierto de domingo (1970)
  • O noso río (1973)
  • Otoño (1976)
  • O Corpiño (1976)
  • Equilibrio

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Tanto José Ernesto Díaz Noriega como Rafael Luca de Tena, desde a Coruña e Vigo respectivamente, acadaron un importante prestixio en certames de cine afeccionado estatais e internacionais.[15] Estes son algúns dos galardóns recibidos por Luca de Tena:[13]

  • Trofeo ao mellor filme de ambiente galego a Miña aldea (1965) no Festival de Cine Amateur da Coruña.
  • Medalla de bronce a Improntum (1966) no Festival de Cine Amateur da Coruña.
  • Medalla de bronce a Fiestas 1551 (1967) no Festival de Cine Amateur da Coruña.
  • Trofeo Kodak a Saudade (1970) no Festival de Cine Amateur da Coruña.
  • Premio de fantasía e á mellor fotografía por Rapsodia galaica (1973) no Festival Nacional de Cinema Afeccionado do Círculo das Artes de Lugo.
  • Segundo premio de tema galego a O noso río (1973) no Festival Nacional de Cinema Afeccionado do Círculo das Artes de Lugo.
  • Premio ao mellor tema galego a Otoño (1976) no Festival de Cinema Afeccionado de Vilagarcía de Arousa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Consello da Cultura Galega (2004), p. 345.
  2. 2,0 2,1 Gómez Viñas (2015), p. 74.
  3. "Rafael Luca de Tena y Lazo". Geni. 
  4. Fernández, Carlos (1983). Paracuellos de Jarama. Argos Vergara. 1983
  5. De Tena, Pedro (12 de xaneiro de 2016). "El anarquista que paró las sacas de Paracuellos". Libertad Digital. 
  6. Franco, Fernando (6 de novembro de 2009). "Mira Vigo: Mamá cumple 100 años". Faro de Vigo. 
  7. Franco, Fernando. "Una plaza de largo recorrido". Faro de Vigo. Consultado o 19 de xullo de 2005. 
  8. Paz Morandeira, Víctor (24 de setembro 2013). "Miguel Castelo: “FACER CINEMA, RODAR, É SUFRIR; UN DESACOUGO PERMANENTE”". A cuarta Parede. 
  9. Cuesta e Folgar (1983), p. 147.
  10. Gómez Viñas (2015), p. 257.
  11. Gómez Viñas (2015), p. 202.
  12. "La Voz ofrece mañá un DVD sobre o pioneiro do cine galego Díaz Noriega". La Voz de Galicia. 23 de xuño de 2006. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Gómez Viñas (2015), p. 75.
  14. Gómez Viñas (2015), p. 273.
  15. Gómez Viñas (2025), p. 239.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Consello da Cultura Galega (2004), Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia, Santiago de Compostela, ISBN 84-95415-96-8
  • Cuesta, Xoán; Folgar, Xosé Mª (1983, abril-maio-xuño). "JEDN. José Ernesto Díaz Noriega". Grial, Tomo XXXI. Galaxia, pp. 142-154.
  • Gómez Viñas, Xan (2015). Do amateur ao militante: Implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profisional na Galiza dos anos 70, USC (tese de doutoramento).
  • Gómez Viñas, Xan (2018). "O Cine en Galiza, un relato discontinuo", en Ledo Andión, Margarita (ed.), Para unha historia do cinema en lingua galega. [1] Marcas na paisaxe. Galaxia, ISBN 978-84-9151-172-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]