Pedro Muñoz Seca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Muñoz Seca
Pedro Muñoz Seca.JPG
Nacemento20 de febreiro de 1879
 El Puerto de Santa María
Falecemento28 de novembro de 1936
 Paracuellos de Jarama
CausaFusilamento
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Sevilla
Ocupaciónescritor e dramaturgo
Firma de Pedro Muñoz Seca.svg
editar datos en Wikidata ]

Pedro Muñoz Seca, nado en El Puerto de Santa María (Provincia de Cádiz) o 20 de febreiro de 1879 e finado en Paracuellos de Jarama o 28 de novembro de 1936, foi un escritor e autor de teatro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou bacharelato no colexio xesuíta San Luis Gonzaga da súa vila natal, xunto a Juan Ramón Jiménez e Fernando Villalón. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Sevilla, licenciándose en 1901. Nesta cidade coñeceu o mundo do teatro. Alí estreou Las Guerreras, e en 1903 o sainete El Maestro Canillas en El Puerto de Santa María.

Marchou a Madrid en 1904, onde estreou a súa primeiras obra, El Contrabando, no teatro Lara, escrita en colaboración con Sebastián Alonso. En Madrid traballou de profesor de grego, latín e hebreo. En 1908 comezou a traballar no Ministerio de Fomento.

Casado en 1908 con Asunción Ariza Diez de Bulnes. É avó do escritor Alfonso Ussía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]