Rafael González Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1900 A Coruña, España |
Morte | 21 de maio de 1951 (51 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor |
Rafael González Iglesias, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1900 e finado en Madrid o 21 de maio de 1951, foi un empresario, aparellador e avogado galego, presidente do Atlético de Madrid entre 1931 e 1935.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trala dimisión de Luciano Urquijo, o 28 de novembro de 1931 celebráronse eleccións á presidencia do Atlético de Madrid, que nese momento xogaba en Segunda División e que afrontaba múltiples problemas. Foi elixido Rafael González Iglesias, que fixou como obxectivo o ascenso á Primeira División, o que se acadou en 1933/34. Tralo ascenso realizáronse tres fichaxes importantes, a dos internacionais Martín Marculeta, Lafuente e "Chacho". Outra xestión importante foron os acordos cos propietarios dos campos de fútbol Metropolitano e de Vallecas para rebaixar o prezo de alugueiro por xogar nos mesmos.
O 5 de xaneiro de 1935 presentou a dimisión, pero seguiu ligado ao mundo do fútbol, sendo vicepresidente da Federación Española, directivo da castelá e membro da Delegación Nacional de Deportes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Necrolóxica no ABC, 23 de maio de 1951 (en castelán).