Rafael González Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael González Iglesias
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1900 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Rafael González Iglesias, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1900 e finado en Madrid o 21 de maio de 1951, foi un empresario, aparellador e avogado galego, presidente do Atlético de Madrid entre 1931 e 1935.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala dimisión de Luciano Urquijo, o 28 de novembro de 1931 celebráronse eleccións á presidencia do Atlético de Madrid, que nese momento xogaba en Segunda División e que afrontaba múltiples problemas. Foi elixido Rafael González Iglesias, que fixou como obxectivo o ascenso á Primeira División, o que se acadou en 1933/34. Tralo ascenso realizáronse tres fichaxes importantes, a dos internacionais Martín Marculeta, Lafuente e "Chacho". Outra xestión importante foron os acordos cos propietarios dos campos de fútbol Metropolitano e de Vallecas para rebaixar o prezo de alugueiro por xogar nos mesmos.

O 5 de xaneiro de 1935 presentou a dimisión, pero seguiu ligado ao mundo do fútbol, sendo vicepresidente da Federación Española, directivo da castelá e membro da Delegación Nacional de Deportes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]