Rafael Domínguez Artime
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parentes | Eladio Vaz Gallego (avó) |
Rafael Domínguez Artime, nado en Pontevedra en 1976, é un médico e político galego, candidato á alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular nas eleccións de 2019. Voceiro do Partido Popular no Concello de Pontevedra. É vicepresidente do Partido Popular Provincial de Pontevedra e vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1994-2000), especializouse en medicina interna no Hospital de Santo António do Porto. Foi profesor na Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (2009-2016). En 2007 entrou a traballar no Hospital Quirón Salud de Pontevedra, entón coñecido como Miguel Domínguez. Coordinador do Servicio de Medicina Interna do Hospital Quironsalud Miguel Domínguez. Vencellado ao Partido Popular, é concelleiro en Pontevedra dende 2015 e presidente da xunta local do PPG dende 2018[1].
En 2023 foi nomeado Vicepresidente Primeiro da Deputación de Pontevedra, deputado de Economía, Impulso ao emprego, Museo Provincial e Convento de Santa Clara.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rafa Domínguez, único candidato a presidir a Xunta Local do Partido Popular de Pontevedra". Rías Baixas Tribuna. 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Rafael Dominguez Artime - Diputación de Pontevedra - Liferay". Diputación de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-09-25.