Saltar ao contido

Raúl Gómez Pato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaúl Gómez Pato

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Clásica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e tradución
Familia
IrmánsRosa Marta Gómez Pato Editar o valor en Wikidata
Premios
I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro
Finalista do VI Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro
VII Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro
II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán

BNE: XX1363997 Bitraga: 2280 AELG: 154 BUSC: gomez-pato-raul-1966 Dialnet: 510013
Portada de Sal auga vinagre, 2020.

Raúl Gómez Pato, nado en Ourense en 1966, é un poeta, tradutor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, imparte clase de Latín e Grego. Realizou varias exposicións como pintor e gravador, e ilustrou libros e revistas. Como poeta publicou cinco libros. Traduciu ao galego un bestiario medieval, a obra completa de Safo, unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns, e a primeira parte da obra de Nicolas Chamfort, Produtos da civilización perfeccionada.[Cómpre referencia]

Desde 2015 dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte, destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores ao ano 1900.[Cómpre referencia] Dende finais de 2020 ocupa a presidencia da Asociación de Tradutores Galegos[1]. Nas eleccións municipais de 2023 foi elixido concelleiro en Catoira polas listas do Bloque Nacionalista Galego, e a finais dese ano pasou a ocupar o cargo de concelleiro de Cultura e primeiro tenente de alcalde.[2]

  • Choiva, vapor e velocidade, 1999, Positivas.
  • A casa deshabitada da familia Pena, 2001, Positivas.
  • Verba quae supersunt, 2003, Positivas.
  • Tratado de Zooloxía para corazóns mancados, 2009, Positivas.
  • Máscaras de espellos, 2016, Espiral Maior.
  • Círculo, 2019, Positivas.
  • Sal, auga, vinagre, 2019, Medulia Editorial.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Cousas de papá, 2016, Xerais.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Libellus de natura animalium = Libriño sobre a natureza dos animais (un bestiario medieval), 1999, Positivas.
  • Cantos e fragmentos, de Safo, 2008, Positivas.
  • Unha rosa encarnada, de Robert Burns, 2014, Positivas.
  • Produtos da civilización perfeccionada (I. Máximas e pensamentos.Pequenos diálogos filosóficos), de Nicolas Chamfort, 2016, Rinoceronte.
  • O castelán de Coucy e a dama de Fayel, de Jakemés, 2017, Rinoceronte.
  • Libro de emblemas, de Andrea Alciato, 2019, Rinoceronte.
  • Historias, I e II, de Heródoto, 2020, Rinoceronte.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro do Concello de Guitiriz en 2016, por Máscaras de espellos.
  • Finalista do Sexto Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2017, por Círculo.
  • Primeiro premio do VII Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2018, por Residuos de chamas.
  • Gañador do II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán no ano 2019 polo poema Vinte, desolación.
  1. Chío coa nova no perfil de Twitter da Asociación.
  2. "Órganos municipais". Concello de Catoira.