Raúl Dacosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dacosta
Información persoal
Nome Rául Dacosta Cerqueda
Nacemento 26 de xaneiro de 2002
Lugar de nacemento Ourense
Altura 1,75 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Ponferradina
Número 11
Carreira xuvenil
Ourense
Pabellón
2014–2017 Celta de Vigo
2017–2020 Real Madrid
2020–2021 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021–2023 Espanyol B 62 (8)
2023– Ponferradina 22 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Rául Dacosta Cerqueda, nado en Ourense o 26 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego que xoga como extremo esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ourense, sendo fillo do tamén futbolista José Ramón Dacosta, xogador histórico do Club Deportivo Ourense.[1] Tamén Raúl ingresou no hoxe desaparecido club ourensán, xogando nas súas categorías inferiores dende os 6 anos. Posteriormente pasou polo Pabellón, ata que no 2014 entrou na canteira do Celta de Vigo.[2]

Tras tres anos en Vigo, en xullo de 2017 foi fichado polo Real Madrid,[3] pasando tres anos na súa canteira, ata que en 2020 pasou á do Espanyol.[4]

O 7 de febreiro de 2021 debutou co Espanyol B na Segunda División B, nun partido ante o Hospitalet, e na tempada 2021/22 pasou a formar parte definitivamente do filial. Disputou un total de 62 partidos co Espanyol B ata 2023, marcando 8 goles.

En agosto de 2023 fichou pola Ponferradina, que acababa de descender á Primeira División RFEF.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A canteira suma un novo internacional: a Sub-16 chama a Dacosta" (en castelán). 28 de marzo de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  2. Nieto, Laureano (18 de xaneiro de 2024). "El ourensano Raúl Dacosta: “Tengo confianza y eso me hace seguir dando pasitos”". La Región (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  3. "Raúl Dacosta firma contrato por el Real Madrid". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xullo de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  4. "Raúl Dacosta inicia una nueva etapa de tres temporadas en el Espanyol". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  5. "Raúl Dacosta es nuevo jugador de la SD Ponferradina" (en castelán). 7 de agosto de 2023. Consultado o 7 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]