Río Turía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Taramundi, España e A Pontenova, España | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Asturias, España | |||
| Localización | Eo | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | conca do Eo | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 9 ( | |||
O río Turía é un pequeno río de 9 quilómetros a unha altitude de 250 m sobre o nivel do mar, que nace no municipio de Taramundi (Asturias) e desemboca no río Eo no municipio da Pontenova (Lugo).
Descrición
[editar | editar a fonte]O río Turía dálle nome ao val do Turía, que cruza horizontalmente até desembocar no río Eo. O río Turía aliméntase de numerosos arroios e regatos provenientes das serras que limitan o val, e é parte da Reserva da Biosfera do Eo.
Aínda que o río nace en Asturias, a maior parte do seu caudal atópase en Lugo.
O río Turía é fonte de traballo xa que as súas augas serven para xerar actividades socio-económicas baseadas en tradicións milenarias como son a artesanía da navalla e téxtil, así como a industria primaria coa cría de salmóns na piscifactoría da Pontenova.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Infoasturias.com Folleto electrónico turístico editado polo Principado de Asturias, Consellería de Educación, Cultura, Deportes e Mocidade. (en castelán)
