Río Seile
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Highland, Reino Unido | |||
Final | ||||
División administrativa | Highland, Reino Unido | |||
Localización | South Channel (en) | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 4 () km | |||
O río Seile (en inglés Shiel) é un río do oeste de Escocia, de moi curta lonxitude, e que drena ao mar o lago Seile.
Características
[editar | editar a fonte]O río mide unicamente 4 km de longo dende o seu nacemento no extremo suroccidental do lago Seile ata a súa desembocadura na ribeira sur ría de Mùideart, formada polo río Mùideart. Ten unha traxectoria de sueste a noroeste, practicamente sen desnivel, e unha zona de baixos areosos na súa parte final.
As súas ribeiras están escasamente poboadas con casas illadas nos lugares de Sielfoot, Acharacle ou Moss. Na súa desembocadura atópase o castelo de Tioram, que controlaba o acceso ao lago Seile.
Aproveitamento
[editar | editar a fonte]É un río dedicado á pesca, onde se apañan sen morte o salmón e a troita na súa variedade migratoria. Na metade do seu curso existe unha zona de lecer para os paseos e a pesca.