Río Kapuas
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | Asia | |||
| División administrativa | Kubu Raya, Indonesia | |||
| Final | ||||
| Localización | estreito de Karimata e Mar da China Meridional | |||
| Desembocadura | estreito de Karimata | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Conca hidrográfica | Kapuas basin (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 5 m | |||
| Dimensións | 1.143 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 98.749 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 6.707 m³/s | |||

Kapuas (en indonesio: Sungai Kapuas) é un longo río que discorre pola parte occidental da illa de Borneo, en Indonesia, sendo o río máis longo localizado nunha illa (un pouco máis longo que o río Sepik, na illa de Nova Guinea). Ten unha lonxitude de 1.143 km.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
O río Kapuas nace nos montes Kapuas Hulu, preto da fronteira da provincia de Sarawak (Malaisia), e flúe sempre en dirección oeste. É o principal río da parte parte occidental de Borneo e atravesa a provincia de Kalimantan Occidental. Desemboca no mar da China Meridional a uns 20 km da cidade de Pontianak. O río Kapuas, na rexión do lago Sentarum, é unha reserva natural protexida, unha extensa área de zonas húmidas e lagos de auga doce e bosques inundados de forma intermitente.
Kapuas é navegable na maior parte do seu curso e é unha arteria clave no tráfico do oeste de Borneo. Utilízase para dar saída á madeira da illa e permite acceder a moitas plantacións situadas no curso do río. O río é atravesado por unha ponte na cidade de Sanggau, a uns 400 km da súa desembocadura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Kapuas |
