Nace no pico Valdecampo en Las Muroquinas e tras baixar cara ao sur únese ao río Zarréu, por veces considerado parte do Ibias. No seu percorrido colle augas tamén do Luíña, Peliceira e máis do Viouga e finalmente aboca no encoro de Salime á altura de Ouviaño no Navia, do que é o seu principal afluente.