Río Caínzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Caínzos
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoPorto de Acevedo
Ribadeo [1]
Altitude250 m [1]
Lonxitude3,75 km
DesembocaduraFoxo de Vilaframil [1]
Enseada de Coedo [1]
Mar Cantábrico
Altitude desembocadura0 m [1]
Cunca hidrográfica das augas a mar aberto da Mariña Oriental

O río Caínzos ou rego Capela é un río principal na Mariña Oriental, que desemboca entre as rías de Foz e Ribadeo.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace no porto de Acevedo, entre A Granda e o Monte Coroa, a 290 m de altitude. Discorre enteiramente pola parroquia de Vilaframil, no concello lucense de Ribadeo, e pasa polas aldeas da Madanela, do Regueiral, de Río Caínzos e de Coedo e bordea o aeródromo de Vilaframil xusto antes de precipitarse ó mar. Desemboca no foxo de Vilaframil, na enseada de Coedo, no mar Cantábrico.[2] [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Xunta de Galicia. "Información Xeográfica de Galicia - Visor, coordenadas 43°33'17.9"N 7°05'31.7"W" (Mapa). Mapa Base Vectorial. 1:2.257. Consultado o 05/09/2016. 
  2. Google. "Coordenadas 43°33'17.9"N 7°05'31.7"W" (Mapa). Google Maps. Consultado o 08/06/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]