Conversa:Río Antiga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Neste DOGA denomínanlle ao río Antigua. Procurando en Google houbo unha páxinaa da propia Xunta no que aparecía como río Antiga pero o DOGA, como órgano oficial, ten un valor legal, polo que calquera outra fonte da Xunta ten que ter un valor equivalente para ser tomada en conta. Fóra diso hai unha páxina do concello de Bóveda na que aparece como río Antiga [1], non son da zona e descoñezo se é unha ultracorreción, sería posible que o río fose Antigua sen ter relación etimolóxica con antiga, antigo. Podería ser que as dúas formas estean en uso na zona, ou podería ser que o do DOGA sexa un simple erro (ou mesmo que noutro número apareza como río Antiga), pero en principio o título debe ser o que aparece no DOGA.--RNC 19:32, 30 outubro 2009 (UTC)

Na Enciclopedia Galega Universal aparece como río Antiga. --RNC 21:56, 30 outubro 2009 (UTC)