Río Ambroz
Tipo | río curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Cáceres, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Cáceres, España | |||
Localización | Río Alagón | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Texo | |||
Características | ||||
Dimensións | 35 () km | |||
O Ambroz é un pequeno río español, que corre pola comunidade autónoma de Estremadura, afluente do Alagón (conca do río Texo), ao cal rende as súas augas pola marxe esquerda despois duns 42 km de percorrido.
Outros nomes
[editar | editar a fonte]Na altura do concello cacereño de Guijo de Granadilla é denominado río Cáparra por atravesar as ruínas romanas de Cáparra, e onde subsiste unha ponte romana.
Curso
[editar | editar a fonte]O Ambroz nace na Serra de Tras la Sierra, no norte da provincia de Cáceres, que separa a conca do río Jerte da do Alagón, a uns 1.800 m de altitude. No seu percorrido orixina o Val do Ambroz, antes de unirse co Alagón.
A poboación máis importante que atravesa o río é Hervás.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os seus tributarios son ríos de montaña de curto percorrido, dos que cómpre citar o río Baños, que atravesa a localidade de Baños de Montemayor, e o regato de Hornacinos.
Explotación industrial
[editar | editar a fonte]No Ambroz sitúase o encoro de Baños, levantado en 1993, con 40,86 hm3 de capacidade.