Quique Fraga
Río Breogán | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | ![]() |
Cargo | Responsábel de scouting |
Historial de equipos | |
Como adestrador: Cafés Candelas Breogán (2016) |
Enrique Fernández Fraga, máis coñecido como Quique Fraga, nado en Lugo,[1] é un adestrador profesional de baloncesto galego e actual responsábel de scouting do Club Baloncesto Breogán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Lisardo Gómez no Club Baloncesto Breogán onde, tras a baixa por enfermidade do mesmo, pasou facerse cargo do equipo. Tras finalizar a campaña 2015-16, Fraga volveu ser o segundo adestrador do club, asistindo a Natxo Lezkano. Despois de acadar o ascenso á Liga ACB, pasou a ser director deportivo do equipo lucense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Final dos Playoffs da Liga LEB como segundo adestrador (2015)
- Campión da Copa Princesa como segundo adestrador (2018)
- Campión da Liga LEB como segundo adestrador (2018)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vinicius (10 de abril de 2014). "Coñecendo un pouco máis a… Quique Fraga". Somos Breogán. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.