Saltar ao contido

Lisardo Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLisardo Gómez
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata

Lisardo Gómez González,[1] nado en Lugo o 8 de outubro de 1974, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Rubén Domínguez do Club Baloncesto Breogán e, trala destitución do mesmo, pasou a facerse cargo do cadro de xogadores durante dous días até a chegada de Pepe Rodríguez. Trala marcha do último faise cargo como adestrador principal do club. O 16 de marzo de 2016, vese obrigado a deixar temporalmente o club debido a unha baixa indefinida por enfermidade, sendo substituído polo seu compañeiro Quique Fraga.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Subcampión de Galicia en categoría cadete (2005)
  • Subcampión liga Sub-20 (2007)
  • Mellor clasificación histórica do Estudiantes (5º posto en EBA)
  • Final dos Playoffs da Liga LEB (2015)
  1. "Lisardo Gómez González. Balongest". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2010. Consultado o 12 de decembro de 2010. 
  2. Lisardo Gómez deixa o Breogán

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]