Quincunx
- Para a disposición xeométrica, ver quincunce.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/BMC_5.jpg/220px-BMC_5.jpg)
O quincunx foi unha moeda de bronce da antiga Roma, da época da República, divisionaria do ás, co valor de cinco onzas (unciae).[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]A palabra quincunx ten a súa orixe no numeral latino quinque, que significa "cinco", e a palabra uncia ("onza"), que significa "un doceavo", xa que unha onza equivalía a 1/12 do ás, que nos seus primeiros momentos pesaba unha libra.[4] Xa que logo, o quincunx tiña unha equivalencia de 5/12 do ás.[5][6]
Tendo en conta que non se adapta ao padrón do resto dos divisores do ás (baseado no sistema doudecimal: sextans, quadrans, triens...), considérase que o quincunx non formaba parte do sistema monetario Romano.[7]
A súa emisión foi conxuntural e limitouse á segunda guerra Púnica (218 a 204 a. de C.), en obradoiros monetarios establecidos en Luceria (nos Apeninos do norte), Teate (a actual Chieti), Larinum (na costa sur do Adriático) e no norte de Apulia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Vecchi_281.jpg/220px-Vecchi_281.jpg)
Da mesma maneira que ocorría co resto dos divisores do ás, é frecuente que o quincunx amose entre os seus motivos a súa equivalencia en onzas, mediante cinco puntos grosos.[8] A característica composición deses cinco puntos, á maneira en que aparecen nun dado, deu lugar a que esta composición se coñeza tamén como quincunx ou quincunce.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Quincunx".
- ↑ Konrad Klütz, Münznamen und ihre Herkunft. Moneytrend Verlag. Viena, 2004. ISBN 3-9501620-3-8
- ↑ "Quincunx". En Rich, Anthony. Dictionnaire des Antiquités romaines et grecques. 3ª ed. 1883.
- ↑ "Quincunx". En Girod, Joseph. Dictionaire spécial et classique des monnaies, poids, messures, duivisions du temps chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 44.
- ↑ "Quadrans". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 199.
- ↑ "Quincunx". En Roman bronze coins. www.monete-romane.com
- ↑ "Quincunx". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ "Quincunx". En Forum Ancient Coins.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quincunx ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 (en castelán)
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8