QuikScat
QuikScat / QuikSCAT / Quick Scatterometer | |
---|---|
Representación artística de QuikScat | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Contratistas principais | Ball Aerospace |
Bus | BCP-2000 |
Destino actual | En órbita terrestre, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 20 de xuño de 1999[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II SLV[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo dos océanos da Terra.[3][6] |
NSSDC ID | 1999-034A |
Masa | 970 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7179 km[1] |
Inclinación | 98,6 graos[1] |
Apoapse | 808,5 km[1] |
Periapse | 807,6 km[1] |
QuikScat, abreviatura de Quick Scatterometer (Dispersómetro rápido), é un satélite artificial fóra de servizo da NASA lanzado o 20 de xuño de 1999 mediante un foguete Titan II SLV desde a base Vandenberg da Forza Aérea para estudar os océanos terrestres.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]QuikScat foi deseñado como un substituto rápido para facer as observacións de dispersometría que se perderon coa avaría do satélite ADEOS 1, motivo polo cal recibe o nome que leva. Levou tan só 11 meses construír e lanzar o satélite grazas ao uso de equipamento xa existente para construír outro satélite que se atopaba suspendido. QuikScat levaba a bordo un único instrumento, o dispersómetro SeaWinds, que consistía nun radar de microondas para medir a velocidade e dirección do vento preto da superficie oceánica independentemente das condicións meteorolóxicas.[3][5][6]
Nave
[editar | editar a fonte]O satélite foi construído usando o bus BCP-2000 (Ball Commercial Platform 2000), cunha masa de 970 kg. Usaba dous paneis solares para producir electricidade, que era almacenada en baterías.[3][5][6]
Misión
[editar | editar a fonte]QuikScat funcionou sen problemas máis alá dos dous anos de deseño de vida orixinal ata completar dez anos de observacións que se viron interrompidos pola avaría o 23 de novembro de 2009 do mecanismo de rotación do dispersómetro, que imposibilitou o seu uso.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "QUIKSCAT" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 15 November 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-91066). 9 de decembro de 1999: 5. Consultado o 5 de agosto de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (27 de abril de 2016). "QuikSCAT" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "QuikScat" (en inglés). Consultado o 5 de agosde 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "QuikScat" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "QuikScat" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016.