Quíone (filla de Dedalión)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Quíone (homónimos).
Quíone (filla de Dedalión) | |
---|---|
![]() | |
Tipo | personaxe da mitoloxía grega ![]() |
Parte de
| |
Biografía | |
Asasinado por | Artemisa ![]() |
Sexo | muller ![]() |
Familia | |
Pai | Daedalion (en) ![]() ![]() |
Parella | Hermes e Apolo ![]() |
Fillo/a | Autólico e Filamon (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Quíone, na mitoloxía grega, tamén chamada Filónide [1], foi a filla do rei Dedalión (fillo de Fósforo [2]). Os deuses Apolo e Hermes, cando a viron, desexaron xacer con ela. Apolo preferiu esperar á noite pero Hermes, máis impaciente, fixo que se durmira e violouna. Xa caída a noite, Apolo tamén a violou, disfrazado de anciá. Quíone quedou embarazada dos dous, e tivo dous fillos: Autólico, de Hermes, e o músico Filamón, de Apolo.

Quíone era especialmente fermosa, e pecou de vaidade [3]. Envaidecida pola súa fermosura, tivo o atrevemento de desprezar a Artemisa, presumindo de ser máis bela que a deusa, e esta, en vinganza, matouna atravesándolle a lingua dun frechazo.
"Tiña unha filla, Quíone, dotada de excepcional beleza; tivo ela mil pretendentes á idade casadeira de catorce anos. En certa ocasión que volvían Febo e o retoño* de Maia [4]... véndoa ambos, ambos inflamáronse de amor... ¿De que serve haber parido dous fillos e haber gustado a dous deuses...? ¿Non é prexudicial a gloria para moitos? Foino, desde logo, para ela, que se atreveu a antepoñerse a Diana e criticou a beleza da deusa. Diana sentiu unha cólera furibunda ... tendeu o arco, impulsou coa corda a seta, e traspasou, como merecía, aquela lingua coa frecha".(Ovidio: Metamorfosis XI, 301-327)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apolo e Mercurio deitáronse a mesma noite con Quíone, ou como din outros poetas, con Filónide, filla de Dedalión" (Hixino: Fábulas 200, 1).
- ↑ Fósforo é a Estrela da Mañá, o planeta Venus.
- ↑ Na antiga Grecia chamaban Hybris a este sentimento de orgullo, de vaidade esaxerada ou prepotencia, que moitas veces implicaba un merecido castigo.
- ↑ Febo e o nome de Apolo na mitoloxía romana, e o retoño* de Maia é Hermes, fillo desta pléiade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quíone ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
- Ovidio (2015 (reimpr. 2017)). Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial. ISBN 9788420697208. (en castelán)