Qassimiut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaQassimiut
Imaxe

Localización
Mapa
 60°46′53″N 47°09′35″O / 60.7814, -47.1597Coordenadas: 60°46′53″N 47°09′35″O / 60.7814, -47.1597
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloKujalleq Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación26 (2016) Editar o valor em Wikidata

Qassimiut, (tamén escrito antigamente como Qagssimiut e Kagsimiut) é un asentamento do concello de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Fundouse en 1835 como un punto de comercio. Cunha poboación de tan só 20 habitantes en 2020, é a vila máis pequena por número de habitantes permanentes de Groenlandia.[1]

Demografía[editar | editar a fonte]

A maioría das cidades e asentamentos do sur de Groenlandia presentan padróns de crecemento negativos nas últimas dúas décadas, con moitos asentamentos despoboándose moi axiña. Qassimiut foi perdendo poboación rapidamente nas últimas dúas décadas. A súa poboación diminuíu en máis de dous terzos en relación aos niveis de 1990.[2]

Gráfica de evolución demográfica de Qassimiut entre 1991 e 2020
Fonte:Statistics Greenland.[2]

Transporte e comunicacións[editar | editar a fonte]

O asentamento ten o seu propio heliporto, o heliporto de Qassimiut, xestionado por Mittarfeqarfiit. O resto do transporte é só en barco. O asentamento ten estradas de grava, pero non hai coches.

As comunicacións por Internet e por teléfono son proporcionadas por Greenland Home Rule.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Population by Localities". Statistical Greenland. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Statistics Greenland Arquivado 2011-07-21 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]