Pyhäsaari
Aparencia
Pyhäsaari | |
---|---|
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Xeografía | |
Superficie | 0,75 km² |
Longura máxima | 1,9 |
Demografía | |
Poboación | deshabitada |
Pyhäsaari é unha das illas máis grandes do lago Leppävesi na cidade finlandesa de Jyväskylä, situada nas proximidades do río Vaajanvirta. Un pequeno estreito sepárao de Kanavuori e outro aínda máis pequeno da península de Ruokosaari. A lonxitude da illa é duns 2 km. Hai restos de amilladoiros da Idade de Bronce na parte norte da illa [1]. Malia estar deshabitada de xeito permanente, hai na illa algunhas construcións, que serven de abeiro aos visitantes ocasionais.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Pyhasaari_Leppavesi.jpg/220px-Pyhasaari_Leppavesi.jpg)
O topónimo deriva do finés pyhä (santo ou sagrado) que podería ter unha orixe precristiá e ser un antigo lugar de culto[2] e saari (illa)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anu Soikkeli-Jalonen: Suomen pronssikautiset röykkiöt – Moninaisia hautaustapoja ja merkityksiä" Kalmistopiiri
- ↑ Veikko Anttonen (1996)Ihmisen ja maan rajat: ’Pyhä’ kulttuurisena kategoriana. Helsinki: Suomalaisen kirjallisuuden seura, pp. 108-116 e 122-125