Pycnonotus barbatus
Pycnonotus barbatus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar en Etiopía. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pycnonotus barbatus Desfontaines, 1789 | |||||||||||||||
Pycnonotus barbatus é unha especie de ave paseriforme da familia Pycnonotidae amplamente distribuída por África, incluídas Ceuta e Melilla.[2]
Para esta especie propúxose en galego o nome bulbul (simplemente), aínda que internacionalmente son tamén chamados bubuis todas as especies da familia.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten un peteiro bastante curto e delgado, cunha mandíbula superior algo curvada cara a abaixo. O peteiro, patas e pés son negros, o ollo é marrón escuro cun anel ocular escuro, que non se ve facilmente. Mide uns 18 cm de lonxitude e ten unha longa cola. Ten unha cabeza e partes superiores marróns escuras. Os sexos teñen plumaxe similar.
Distribucción e hábitat
[editar | editar a fonte]Está amplamente distribuído por África, onde está presente en numerosos hábitats, agás nos desertos. En Marrocos é unha especie particularmente abundante en hortos, xardíns, oasis etc. En xeral, non é unha ave esixente e aproveita os límites dos bosques, zonas forestais, matogueiras costeiras ou de montaña etc. Parece que debido ao cambio climático deu o salto a Europa a través do estreito de Xibraltar e agora reprodúcese en Tarifa (SEO/Birdlife, xullo de 2017)
Taxonomía e sistemática
[editar | editar a fonte]O P. barbatus foi orixinalmente descrito no xénero Turdus. Algunhas autoridades tratan os bulbuis Pycnonotus somaliensis, P. dodsoni e P. tricolor como subespecies desta especie.[3] O P. barbatus considérase que pertence a unha superespecie xunto co P. leucogenys, P. leucotis, P. xanthopygos, P. nigricans e P. capensis.[4].
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense cinco subespecies:[5]
- P. b. barbatus – (Desfontaines, 1789). Encóntrase desde Marrocos a Tunisia.
- P. b. inornatus – (Fraser, 1843): Orixinalmente descrito como especie separada no xénero Ixos. Encóntrase desde o sur de Mauritania e o Senegal ao oeste do Chad e norte do Camerún.
- P. b. gabonensis – Sharpe, 1871: Orixinalmente descrito como especie separada. Encóntrase desde Nixeria e o Camerún central a Gabón e sur do Congo.
- P. b. arsinoe – (Lichtenstein, MHK, 1823): Orixinalmente descrito como unha especie separada no xénero Turdus. Encóntrase no leste do Chad, norte e centro do Sudán e leste de Exipto.
- P. b. schoanus – Neumann, 1905: Non debe conundirse co bulbul somalí. Encóntrase no sueste do Sudán, en Etiopía (menos no norte) e Eritrea.
Alimentación
[editar | editar a fonte]É unha especie omnívora, que se alimenta de invertebrados, froitos, e mesmo de néctar.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Esta especie aniña durante todo o ano no trópico húmido, pero noutras zonas é máis estacional na súa reprodución cun máximo ao inicio da estación das chuvias. O niño é bastante ríxido, de paredes grosas e forma de copa. Está situado dentro do espesor doa follaxe dun arbusto ou pequena árbore. A posta típica consta de dous ou tres ovos. Igual que outros bulbuis, é parasitado polo cuco Clamator jacobinus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2016). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ "SEO. Bulbul naranjero (Pycnonotus barbatus)". SEO. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Common Bulbul (Pycnonotus barbatus)". Fishpool, L. & Tobias, J. (2017). In: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions, Barcelona. Consultado o 11 November 2017.
- ↑ "Himalayan Bulbul (Pycnonotus leucogenys)". www.hbw.com (en inglés). Consultado o 2017-03-23.
- ↑ "Bulbuls « IOC World Bird List". www.worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 2017-03-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barlow, Wacher e Disley, Birds of The Gambia ISBN 1-873403-32-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pycnonotus barbatus |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pycnonotus barbatus |